Saltar al contenido
Descubre como visitar as Illas Cíes en barco privado.

Descubre como visitar as Illas Cíes en barco privado.

xullo 24, 2026·Equipo Zarpar
Equipo Zarpar

Como visitar as Illas Cíes en barco privado: permisos, fondeo e prezos

Fondear fronte á praia de Rodas, bañarte desde o teu propio barco e quedarte a ver o solpor cando o último ferry xa marchou: iso é visitar as Cíes en barco privado. É moito máis fácil e máis barato do que parece con opcións para grupos desde 100 € ao día, que ao final iguala o prezo dos billetes do barco de liña. Nesta guía contámosche o que necesitas saber: que opcións podes elixir, que permisos fan falta e como facer para gozalo ao máximo!

Illas Cíes en Barco Privado


Elixe o teu barco ideal para as Cíes

Existen múltiples opcións, segundo o número de persoas, segundo o tempo que se queira dedicar a explorar as illas, o porto de saída ou a titulación que se teña (se se ten). En Zarpar contamos con embarcacións dispoñibles para facer isto posible.

  • Neumáticas e semirríxidas — desde 100 €/día. A escapada máis económica. Perfecta en parella ou cun par de amigos. Fácil de manexar para percorrer as illas por fóra e baixar a exploralas. → Ver neumáticas dispoñibles

Neumática

  • 🛥️ Lanchas de día — desde 300 €/día. Algo máis de espazo e comodidade para 4-6 persoas, podendo comer a bordo e gozar da tranquilidade. Entre seis, sae por menos que moitos plans de sábado. → Ver lanchas dispoñibles

Lancha

  • Veleiros e motoras con patrón — desde 700 €/día. Para grupos grandes ou para ir sen preocuparte de nada, incluíndo un patrón que se asegurará de que todo saia perfecto. Incluso te podes quedar a durmir! (Moi recomendable, espertar en Cíes é outro nivel) → Ver barcos con patrón

Veleiro

Os prezos varían segundo temporada e tipo, ademais das expostas, existen moitas máis!

Contáctanos para asesorarte coa mellor opción para ti!

Desde que porto saír?

Os portos da Ría de Vigo son os máis próximos, facendo que a ruta de navegación sexa curta e así poder exprimir ao máximo o tempo nas Illas. Pero non son os únicos desde os que se poden visitar.

Desde a Ría de Aldán ou a Ría de Pontevedra tamén é posible visitar as Illas Cíes; a navegación pola Costa da Vela levará algo máis de tempo pero é tamén unha experiencia preciosa.

Portos como Marina Davila, RCN Vigo, Baiona, Porto de Aldán, Portonovo e Sanxenxo son algúns desde os que podes visitar as Illas Cíes.


Por que en barco privado e non en ferry?

O ferry desde Vigo, Cangas ou Baiona funciona ben, pero vai con horarios fixos, cotas diarias e, en temporada alta, autorización da Xunta ademais do billete.

En barco privado de alugueiro, poderás gozar de:

  • Os teus horarios: sen colas, decide cando ir e sobre todo cando volver.
  • O solpor en Rodas, algo que en ferry sinxelamente non existe.
  • As Cíes que o ferry non ve: a illa sur, os cantís, San Martiño.
  • O teu plan: baño desde o barco, comida a bordo, a túa música baixa, a túa xente e se queres tamén podes baixar.

E ademais podes ir calquera día do ano, sen depender da temporada do ferry.

Illas Cíes


Reserva con antelación para asegurarte ter permiso!

As Cíes forman parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas, e para ir en barco fan falta dúas autorizacións que se deben tramitar con tempo.

1. Permiso de navegación. Solicítao o propietario do barco cun formulario e a documentación da embarcación. Faise unha vez e ten validez para varios anos, así que se alugas, o barco xa debería telo en vigor.

2. Permiso de fondeo. Pídese online para cada data concreta e as prazas diarias son limitadas, no caso de querer visitar as Cíes durante a saída. Débese avisar con antelación.


Precaucións e boas prácticas á hora de visitar as Cíes.

As Cíes son especiais, un dos paraxes naturais máis preciosos que existen no planeta Terra e por iso o comportamento nel debe estar á altura. Listámosche unha serie de boas prácticas a seguir:

  • Fondea só en zonas habilitadas e sobre area.
  • Respecta as zonas de baño balizadas: non te achegues, usa sempre as canles de navegación.
  • Revisa a carta náutica e deixa marxe.
  • Deixa marxe de borneo cos veciños.
  • Parte meteorolóxico antes de saír, como en cada saída.
  • Non alimentes aos animais, nin aves, nin peixes.
  • Recolle o lixo e non deposites nada á auga.
  • Nada de lume e fume.
  • Prohibido pescar.

Illas Cíes en Barco Privado


Listo para vivir as Cíes ao teu xeito?

Os teus horarios, a túa xente e o solpor en Rodas cando o último ferry xa marchou. Nós encargámonos do barco e de que teñas os permisos en regra; ti só elixes o día.

Cóntanos cantos sodes e desde que porto queredes saír, e axudámosche a elixir a mellor opción.

Reserva o teu barco ás Cíes
Última actualización