Nace Zarpar Experiencias

Nace Zarpar Experiencias

setembro 18, 2025·Zarpar Team
Zarpar Team

Lanzamos Zarpar Experiencias, unha nova forma de conectar a propietarios de barcos con xente que quere navegar.

Zarpar comezou axudando a armadores co aluguer de barcos de lista sétima, pero sabemos que a moitos non vos gusta a limitación de non poder levar o barco vós mesmos durante o cambio de uso. Ou simplemente vos apetece coñecer xente nova para compartir as vosas saídas ao mar.

Zarpar Experiencias é unha plataforma onde os armadores poden ofertar prazas durante as súas saídas ao mar e xente que quere navegar pode apuntarse, compartindo os gastos entre todos.

Que podes facer?

Se tes barco:

  • Podes publicar distintos anuncios con diferentes actividades, como saír a pescar ou navegación a vela.
  • Ti decides as condicións, que días, cantas prazas, canto tempo é a saída, etc.
  • Usa o teu barco máis!
  • Coñece xente nova con intereses afíns.

Se queres navegar:

  • Busca armadores ou experiencias que che interesen.
  • Aprende a navegar con xente que ten experiencia.
  • Non necesitas un grupo grande, podes apuntarte só
  • Descobre sitios que só coñece a xente local

Hai saídas para todos os gustos: atardeceres de 2-3 horas desde 25€, xornadas de pesca desde 40€, travesías costeiras dun día desde 60€, ou escapadas de fin de semana desde 150€ por persoa.

Como funciona

Para armadores: Publicas a túa saída con data, ruta e prazas dispoñibles. A xente apúntase, ti aceptas as reservas e navegades xuntos.

Para tripulantes: Buscas a saída que che guste, reservas a túa praza e preséntaste no porto o día acordado.

Os pagos e cobros son seguros a través da plataforma e o sistema de recensións asegura que a experiencia sexa positiva para todos.

Gustaríanos que probases a plataforma e nos contes que che parece. Se tes barco, crear o teu perfil é moi fácil - só necesitas o nome da embarcación e o porto base.

Publica o teu barco Ver experiencias

Se tes calquera dúbida ou comentario, podes escribirnos a info@zarpar.eu ou usar o botón “Reportar problema” na web e resolverémolo canto antes.

Última actualización